Imprimir esta páxina
15
Julio

O BNG agradece ás porriñesas e porriñeses o seu apoio nas eleccións galegas

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia, 2.362 porriñesas e porriñeses sumáronse aos resultados acadados polo Bloque Nacionalista Galego, 19 escanos que converteron o BNG na segunda forza do Parlamento.


Desde o BNG do Porriño quixeron agradecer "o apoio da veciñanza que fixo posible este resultado", do mesmo xeito que agradeceron "todo traballo realizado pola militancia e simpatizantes da organización".


"Quedan por diante 4 anos nos que o BNG continuará traballando con humildade, fortaleza e ilusión -tanto a nivel nacional como desde a organización local- para seguir crecendo e conseguir que Galiza poida ter unha muller presidenta e un goberno coas mans libres para defender os intereses de todas as galegas e galegos", concluíron dende o BNG.

Modificouse o Miércoles, 15 Julio 2020 08:49
Valora agora
(1 Vote)