O Concello do Porriño e a Entidade Urbanística de A Granxa mantiveron unha primeira reunión para acordar como acometerán a reposición e reparación da rede contra incendios do polígono industrial que ten unha lonxitude de 5 km.
Trátase de cambiar pezas nas acometidas ás naves, así como revisar o estado de bombas de achique, galerías de servizos e alumeado.
Neste primeiro encontro, participaron representacións do goberno municipal e da Entidade Urbanística. Segundo as recomendacións dos técnicos sobre que actuacións habería que priorizar, unha delas sería mudar as pezas de ferro das acometidas por esgotamento da súa vida útil.