Ambas están previstas para hoxe sábado.
En Carracido, no local da AAVV As Mimosas, a partir das 22 horas, unha sesión de monólogos a cargo do artista Hermen&Gildo. A súa proposta son monólogos novedosos que ten como obxectivo visibilizar a existencia de micromachismos moi arraigados no noso día a día.
En Chenlo, no Centro Cultural, a partir das 22 horas, haberá sesión de cine coa proxección da película “O pequeño mago”, unha longametraxe animada producida por Deboura Cinema, baseada na novela Bieito Dubidoso, de Roque Cameselle.