Imprimir esta páxina
01
Agosto

Monólogo de Hermen&Gildo en Carracido

A programación cultural "para un tempo novo" chega esta fin de semana a Chenlo e Carracido con sendas propostas de cinema na rúa e monólogos.

Ambas están previstas para hoxe sábado.


En Carracido, no local da AAVV As Mimosas, a partir das 22 horas, unha sesión de monólogos a cargo do artista Hermen&Gildo. A súa proposta son monólogos novedosos que ten como obxectivo visibilizar a existencia de micromachismos moi arraigados no noso día a día.


En Chenlo, no Centro Cultural, a partir das 22 horas, haberá sesión de cine coa proxección da película “O pequeño mago”, unha longametraxe animada producida por Deboura Cinema, baseada na novela Bieito Dubidoso, de Roque Cameselle.

Valora agora
(0 votos)