Imprimir esta páxina
27
Septiembre

Os populares denuncian as continuas ausencias da Alcaldesa do Porriño

Solicitan as nóminas da rexedora xa que "non constan as baixas médicas" e manténse a totalidade do seu soldo

O Partido Popular do Porriño reclamou ao Secretario Municipal información detallada sobre as nóminas da Alcaldesa ante as súas continuas ausencias "sen que conste baixa médica".

 

Tan só no que vai de ano, a rexedora asinou seis delegacións de competencias no primeiro tenente de Alcalde: do 27 de febreiro ao 2 de marzo, do 11 de marzo ao 18 de marzo, do 30 de abril ao 14 de maio, do 28 de maio ao 11 de xuño, do 3 de xullo de 2020 ao 21 de xullo e, a actual, do 25 de setembro 4 de outubro.

 

Se ben é público e notorio que a rexedora se ten ausentado en multiples ocasións -según indican os populares en moitas ocasións sen delegar o exercicio das súas potestades en funcións- o PP consideran inaceptable que "non se apliquen as baixas médicas ou non se presenten os partes de baixa para manter o 100% das súas retribucións".

 

"Se tal e como se indica nos decretos de delegación, a Alcaldesa non acudiu ao seu posto de traballo por enfermidade ou por gardar un periodo de convalecencia por prescripción médica, como é posible que non se entreguen os partes de baixa ou non se aplique a baixa médica que corresponde?", cuestiona o portavoz, Alejandro Lorenzo.

 

Cabe destacar que as prestacións por incapacidade laboral estipulan que en caso de enfermidade común ou accidente non laboral, como sería o caso, percibiríase o 60% da base reguladora dende o cuarto día de baixa ata o día 20, incluído, e o 75% a partir do día 21.

 

"Se a Alcaldesa non presentou a baixa médica e mantivo a totalidade do seu soldo estaríamos ante unha demasía nos pagos de nóminas, polo que vimos de requerir ao Secretario Municipal os pagos efectuados nas nóminas de alcaldía de Febreiro a Xullo deste ano", explica Lorenzo.

 

Para o edil a actitude da rexedora constitúe unha falta de respecto á cidadanía que non se pode soster máis no tempo. "Que Eva García deixou de lado as súas funcións como Alcaldesa habitualmente é algo por todos coñecido. Se está xustificado non poñemos obxeción algunha, pero facelo de maneira inxustificada é unha falta de respecto á institución que representa e polo tanto, aos veciños e veciñas do Porriño", manifesta o o edil.

 

Para o voceiro o proceder da rexedora, non só podería ser ilegal senón que amosa a súa falta de implicación co cargo que ostenta. "Incorporouse hai días tras semanas de ausencia `por convalencencia´ e onte mesmo volve delegar as súas funcións durante once días `por motivos persoais´", conclúe o edil, "cando un é o Alcalde dun Concello ten que ser respectuoso cos cidadáns aos que representa. Non pode decir que fala en nome dos porriñeses e porriñesas e non cumplir con eles".

 

Valora agora
(2 votos)