No marco dunha estratexia local para afrontar a grave crise sanitaria provocada polo Covid-19 o grupo municipal do Partido Popular vén de propoñer ao Concello do Porriño a creación dunha red de voluntariado municipal para facilitar o apoio veciñal e asegurar as necesidades básicas de todos aqueles veciños que deban permanecer en illamento domiciliario.
"A pandemia desatou no noso pobo unha enorme ola de solidaridade demostrando unha vez máis que os porriñeses están dispostos a axudar sempre que sexa necesario", explicou Alejandro Lorenzo, "A nosa proposta pasa por canalizar esa gran solidaridade e contribuir a facilitar apoio as persoas que se atopan nunha situación complicada".
O obxectivo deste grupo de voluntarios sería responder ás necesidades máis básicas da poboación que se ve na obriga de permanecer confinada, como facer a compra de alimentos ou medicamentos, xa que o groso das veces o illamento afecta a todo o núcleo familiar. Pero tamén manter o contacto, con conversacións a través do teléfono ou as redes sociais, no caso de persoas que vivan soas e que deban manter a cuarentena.
"O apoio moral e social tamén é necesario", continúa Lorenzo, "Escoitalos, darlles ánimos, e que ninguén se sinta só frente a esta crise".
A petición dos populares recolle a creación dunha plafaforma web a través da cal calquera persoa que queira axudar poida inscribirse como voluntario e tamén unha sección para que quen precise axuda a reclame.
"Todo isto baixo a coordinación e supervisión do Concello do Porriño para asegurar a seguridade de voluntarios e usuarios", concluíu Lorenzo, "O acreditado compromiso dos porriñeses pode ser de gran axuda para facer frente a unha situación imposible de afrontar tan só con persoal do Concello. Deste xeito, os voluntarios e voluntarias de Protección Civil, aos que aproveito para agradecer o enorme labor que están a realizar dende que comezara a pandemia, poderán contar coa axuda de máis persoal para atender estas necesidades".