Deste xeito como consecuencia desta decisión municipal, a U.D. Atios poderá celebrar o seu partido do vindeiro domingo 15 contra o Ourense, no seu campo de O Carballo cun máximo de 75 espectadores.
Non obstante, algún outro club decidiu mantener aínda algunha máis. E o caso do Porriño Industrial que resolveu que no partido que mañá sábado xogará o equipo de Liga Nacional Xuvenil contra o C.D. Areosa, tan só accedan ao Lourambal os países e nais dos xogadores locais.
O decreto de hoxe modifica parcialmente o anterior do 22 de outubro que obrigou a celebrar os eventos deportivos sen público, en recintos pechados e ao aire libre.
Por outra banda, o goberno municipal tamén acordou hoxe decretar obrigatorio o uso da máscara para a práctica deportiva individual en todo o casco urbano.