Imprimir esta páxina
15
Enero

O Concello acomete a reparación da estrada principal do PI das Gándaras

O vial atopábase en moi mal estado, polo que foi necesario fresar e renovar o pavimento


O Concello do Porriño está a planificar e desenvolver nestes primeiros días de 2021, unha serie de obras de mellora das infraestruturas viarias nos polígonos industriais. Así o comunicou hoxe a Alcaldesa, Eva García de la Torre, quen explicou que a través do departamento de Vías e Obras dirixido por Lourdes Moure, acometeu e concluíu esta semana a reparación dun tramo da estrada principal do Polígono das Gándaras, concretamente a sección que discorre fronte ás instalacións de Gestamp.


O vial atopábase en moi mal estado, polo que foi necesario fresar e renovar o pavimento.  A reparación realizouse cos medios propios do Concello. Executouse esta semana unha vez que o persoal de Vías e Obras reincorporouse despois das vacacións de Nadal.


O Concello anuncia que acometerá en breve a reparación mediante obra nova das dúas rotondas do polígono da Granxa,  a cargo do departamento de Infraestruturas dirixido por Pedro Pereira.  A primeira que se arranxará será a rotonda da gasolineira que se acometerá cando se obteña a autorización do Ministerio de Transportes e Mobilidade.


No abeiro destas actuacións, o vindeiro luns 18, ás 12,30 horas, a alcaldesa Eva García manterá unha reunión de traballo con Indalecio Cuevas, presidente da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono da Granxa.

Modificouse o Viernes, 15 Enero 2021 17:56
Valora agora
(0 votos)