Imprimir esta páxina
23
Febrero

68 vendedores ambulantes instalaron hoxe os seus postos no Porriño

Hoxe retomouse a celebración do mercado ambulante no Porriño tras tres semanas de suspensión por mor da pandemia. Hoxe foron 68 os vendedores que instalaron os seus postos, tan só os postos impares. O vindeiro martes, 2 de marzo, serán os que teñan un número par os que participen do mercado.


O acordo do goberno municipal é que o mercado volva celebrarse con 50% dos vendedores de cada quenda, para asegurar así que se cumplan as distancias de seguridade.


Sergio Casal, concelleiro de mercados, valorou "o resultado da reanudación dun xeito satisfactorio". Considerou "moi positivo que os vendedores ambulantes poidan volver ao traballo e a vila se revitalice de novo" e eloxiou "a colaboración dos vendedores na observación das medidas de seguridade e distancia".

Valora agora
(0 votos)