Imprimir esta páxina
13
Marzo

Na bicicleta vai unha vida, non máis mortes nas estradas

Unha nova desgraza nas nosas estradas removíanos esta mesma mañá. Un ciclista perdía a vida e outros sete resultaban feridos ao ser atropelados por un coche cando tentaba adiantalos no municipio pontevedrés de A Guarda.


Un golpe brutal aos afeccionados ao ciclismo que reitera a necesidade de aumentar a seguridade nas nosas estradas e o respecto dos conductores polo colectivo ciclista.


Esta nova era recibida con grande consternación no Porriño, berce de ciclistas, onde cada día centos de amantes deste deporte saen ás estradas a "rodar". E é que a historia se repite, unha e outra vez, con máis vidas truncadas, con máis dor... 
Por isto, queremos apelar á responsabilidade, facer un chamamento á precaución de conductores e ciclistas. Mostremos respeto, teñamos consideración, respetemos as distancias de seguridade....na bicicleta vai unha vida, está na mans de todos nós evitar ter que revivir estas traxedias.
Dende Sondolouro queremos enviar o noso máis sentido pésame á familia da vítima, desexar unha pronta recuperación aos feridos e amosar a nosa solidariedade coa gran familia do ciclismo galego.

 

Dous simples números permiten que reguesen a casa coas súas familias:  1, 5 

respeto al ciclista

 

 

 

Ler 923 times Modificouse o Domingo, 13 Marzo 2016 00:48
Valora agora
(1 Vote)