Imprimir esta páxina
03
Febrero

A Garda Civil neutraliza un proxectil atopado no soto dunha vivenda en Ponteareas

O artefacto, de 116 kgs, é dun calibre moi poco común que só utilizaban os buques de guerra da Armada Española

O artefacto foi localizado no soto dunha vivenda no municipio de Ponteareas cando o propietario do inmoble, que o compraba recentemente, dispoñíase a realizar unha serie de obras de remodelación na casa.

 

Ao comunicar o achado no cuartel da Garda Civil da súa localidade, activouse o protocolo de actuación por parte dos TEDAX da Garda Civil para a remoción e neutralización do proxectil, cuxas tarefas se desenvolveron sen incidentes, coas previdas medidas de seguridade e protección. Proximamente, unha vez concluídos os correspondentes informes técnicos do artefacto, procederán á súa total destrución.

 

O equipo TEDAX que acudiu a Ponteareas confirma que se trata dun proxectil de uso militar, dun calibre moi pouco común (203,3 mm.) e de fabricación nacional, de case un metro de lonxitude e 116 Kgs., de peso. Ao parecer, este tipo de munición soamente utilizábana os canóns que montaban exclusivamente os buques de guerra da Armada Española do tipo "Canarias".

 

Os Técnicos Especialistas en Desactivación de Explosivos da Garda Civil lembran que a forma de actuar ante o achado dalgún artefacto explosivo consiste en non tocar, nin manipular o obxecto e avisar de inmediato á Garda Civil a través do teléfono 062.

Modificouse o Viernes, 03 Febrero 2017 16:04
Valora agora
(0 votos)