Imprimir esta páxina
22
Marzo

III Andaina de Guláns organizada pola Asociación Cultural da parroquia

Será o vindeiro domingo 26 de marzo. A ruta contará con dous recorridos  de 25 km e de 12 km, de media e baixa intensidade, respectivamente, coa saída prevista para as 9 da mañá


A Andaina de Guláns é unha marabillosa  ocasión para camiñar en familia e amigos e coñecer os montes e barrios da parroquia. O percorrido de 25 km e de dificultade media, sairá da Asociación Cultural de Guláns no parque da Visoureira cara o barrio de Porto e de alí vai ao abandonado barrio de Mallaferro, pasa polo Padrán, Outeiro e polo camiño do Santo camiñarase cara a ermida de San Cibrán, baixando despois cara o barrio de Couso e logo irán a Veiga de Chans, logo pasarán pola Cima, a Muxena, a Cruz, o Eidovello, Salgueiral e de volta, finalmente, á Asociación Cultural. Este percorrido é valedoiro para a Copa de Andainas de Regularidade da Federación Galega de Montañismo.

 

Vai ser cronometrada polo Clube de Montaña Xistra. “Premiarase a regularidade dos participantes, isto é, non o máis rápido é o que terá a mellor puntuación”. “Este ano virán camiñantes de todas partes de Galicia. Tentaremos repetir a andaina o próximo ano ante o éxito de participación”, explica Dionisio Soto, un dos organizadores da camiñada.

 

O percorrido de 12 km é moito mais doado, apto para todos os públicos e familias con nenos. Os participantes partirán da Asociación Cultural cara o barrio da Costa, Porvizo, Cima,

 

Ceramín, pasando por Penadouro irán camiño do Pereiro, retomar forzas no Outeiro, e alí coller  a senda de regreso pola ruta de 25 km ata o seu remate na Asociación Cultural.
A organización realizará un final de festa cun prato de callos e mais outras delicatesen da zona para comentar entre todos as incidencias e sensacións da andaina.

Valora agora
(0 votos)