Imprimir esta páxina
31
Marzo

Ponteareas acolle o I Open de Billar Autonómico Infantil

O torneo está organizado polo Club de Billar Sportivo en colaboración coa Concellería de Deportes de Ponteareas, coa Federación Galega de Billar e co Centro Artístico Sportivo de Ponteareas


Ponteareas acolle esta fin de semana, días 1 e 2 de abril de 2017, o I Open de Billar Autonómico Infantil, que se celebrará en horario de mañá e tarde nas instalacións do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas. O evento, organizado polo Club de Billar Sportivo en colaboración coa Concellería de Deportes de Ponteareas, coa Federación Galega de Billar e co Centro Artístico Sportivo, está destinado a nenas e nenos menores de 14 anos.

 

“Ponteareas é un referente polo nivel dos xogadores de billar que ten. Debemos entre todos visibilizar un deporte coma este que leva moito tempo minorizado”, sinala Benito Márquez, concelleiro de Novas Tecnoloxías. “O crecemento do Club de Billar Sportivo mostrase na categoría deste acto, que é a primeira vez que se celebra na nosa vila”.

 

Pola súa parte, Luciano Novoa, presidente do Club, sinala que “esta é a primeira vez que Ponteareas acolle un torneo desta índole na disciplina deportiva do billar, onde os mellores xogadores da comarca e de Galicia virán xogar á nosa vila. Animamos a toda a veciñanza a achegarse ata o Centro Artístico Cultura Sportivo para gozar da competición e do espectáculo”.

Modificouse o Viernes, 31 Marzo 2017 20:18
Valora agora
(0 votos)