Imprimir esta páxina
28
Abril

A Policía Local detén a unha persoa por presunto delito de roubo con forza en Ponteareas

O detido foi sorprendido polo propietario dunhas máquinas de autolavado intentando forzar as caixas de recadación das mesmas e, según indican dende a Policía Local, as cámaras de vixilancia do local o terían rexistrado varias veces facendose coa recadación das máquinas


Os feitos ocorreron na tarde de onte 27 de abril cando o individuo intentaba forzar as caixas de recadación dunhas máquinas de autolavado, sitas na rúa Doutor Fernández de la Vega, sendo sorprendido polo propietario. Avisada a patrulla policial, esta procedeu á súa detención.

 

“Segundo parece, xa non é a primeira vez que este mesmo individuo se fai coa recadación das mesmas máquinas, segundo visualización das cámaras de vixilancia que existen no local”, sinala Vanesa Fernández, edil de Seguridade Cidadá.

 

Tamén esta mesma semana tiveron que comparecer ante o Xulgado de Garda para Xuízo Rápido dous condutores que foron pillados pola Patrulla nocturna da Policía Local conducindo sen estar en posesión da correspondente autorización administrativa.

Valora agora
(0 votos)