O historiador, arqueólogo e investigador, Xoán Martínez Tamuxe, ven de ser nomeado pregoeiro do Corpus Christi 2017.
Natural do Rosal, viviu vinculado a Ponteareas a través da súa traxectoria profesional desempeñando a súa labor como profesor en distintos colexios e academias da vila.
Premio Literario I Certame Xornalístico da Cidade de Tui (1973), Tamuxe foi corresponsal e colaborador de diferentes xornais e radios. Colaborador, así mesmo, das revistas do Museo de Pontevedra, Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui, Pontevedra Arqueolóxica, Pregón e Soberosum de Ponteareas, etc.
Dende 1987 é o director do Boletín Informativo Municipal do Rosal, así como da colección Memoria da Festa do Cabaqueiro.
En 1996 a Agrupación Cultural Guardesa adicoulle o Día das Letras Galegas en homenaxe a súa traxectoria histórica-literaria.
Tamuxe exerceu como profesor en colexios academias de Ponteareas, A Guarda e Baiona. Cofundador do Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño (1968), do Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui (1974), da Biblioteca, Museo Etnográfico e Boletín Histórico Cultural co Concello do Rosl, así como do Instituto de Estudos de A Paradanta e Condado do Tea (2003).
É membro do Instituto Padre Sarmiento (Sección de Arqueoloxía) de Santiago de Compostela (1979), da Asociación Colegial de Escritores de España (1982), Grupo de Arqueoloxía Alfredo García Alén de Pontevedra (1983), membro colaborador do Departamento de Prehistoria da Universidade de Santiago (1984).
Dende o ano 2007 é o presidente do Instituto de Estudos Tudenses.