Logo de ter publicado outros traballos literarios (poesía e contos) e xornalísiticos (biografía, libro de conversas...), o escritor e xornalista Manrique Fernández da ó salto ao mundo da novela e o fai reconvertindo as tres feridas do coñecido poema de Miguel Hernández.
O pasado xoves, 5 de novembro, o autor presentou a súa novela na Biblioteca Municipal de Ponteareas, arroupado pola escritora, Susana Lamela, a directora da Editorial Belagua, Edurne Baines, e a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista.
Ante numerosos veciños e amigos que mostraban a súa curiosidade pola trama de "Tres Feridas", Manrique desgranou o proceso creativo da novela e a evolución da mesma mentras se ía creando. Unha historia istoria protagonizada por dous mozos composteláns (Elina e Rafa), que viven unha relación na que a incomunicación entre eles provoca un conflito que afecta directamente ás súas vidas e as dos seus achegados. Un secuestro cimenta o relato e sobre este suceso presenciamos unha historia de desamor que nos tasllada a distintos lugares e a diferentes momentos da súas vidas.
As "Tres Feridas" de Manrique están estruturadas en tres partes, referidas cada unha delas a unha das feridas ás que fai referencia o coñecido poema de Miguel Hernández ("Llegó con tres heridas, la del amor, la de la muerte, la de la vida...). Cada parte protagonizada por un dos personaxes principais, que representan e padecen cada un destes tres elementos. A novela remata cun "epílogo do autor" no que se explican varias cuestións relacionadas coa evolución da novela e o seu desenlace.
"A intensidade da trama e a facilidade da lectura, a credibilidade dos personaxes a súa evolución psicolóxica son os grandes logros do relato", suliñou Susana Lamela salientando a estructura e axilidade conseguida polo autor, ademáis do "sorprendente e atrevido final".
Pola súa banda, a editora quixo destacar a enorme calidade literaria da obra que xustifica sen dúbida a súa publicación.