Imprimir esta páxina
26
Septiembre

Ponteareas mellorará a contorna do complexo deportivo e centro de saúde

O proxecto de mellora de accesibilidade foi apoiado pola Deputación de Pontevedra que destinará a tal fin 421.291, 29€ do plan DEPO-REMSE


O Concello de Ponteareas logra 421.291, 29€ do plan DEPO-REMSE da Deputación de Pontevedra para o proxecto de “reordenación e integración urbana da contorna da piscina e do complexo deportivo Álvaro Pino e centro de saúde".


A Deputación levará ao pleno deste venres 28 de setembro a concesión deste novo proxecto para Ponteareas que tamén mellorará a accesibilidade ao centro de saúde e espazos públicos anexos.
Unha comisión de expertos valorou positivamente a proposta do concello de Ponteareas que resultou seleccionada e que, unha vez obtidos os informes de Patrimonio, Confederación Hidrográfica e estradas tanto da Xunta como do Estado, poderá procederse á contratación.


Obras nas beirarrúas, axardinamento, mellora da seguridade viaria e renovación dos accesos ao centro de saúde e á zona deportiva da piscina e pavillóns son algunhas das ideas que recolle o proxecto que acada un orzamento de 526.614,11€€. O concello de Ponteareas sufragará o 20% destas obras dentro do plan “Ponteareas, Hábitat Saudable” financiada cos fondos FEDER da Unión Europea mentres a Deputación aporta o outro 80% restante.


O proxecto incluirá tamén o derribo dunha construcción que anteriormente foi oficina de turismo e que agora está pechada por ameaza de ruina.

Valora agora
(0 votos)