Imprimir esta páxina
16
Octubre

A seguridade viaria é cousa de todos

A concellería de Seguridade Viaria imparte charlas informativas nos centros escolares en colaboración coa Policía Local

A concellería de Seguridade Cidadá de Ponteareas impartíu en colaboración coa Policía Local unha charla sobre seguridade viaria no IES do Barral. Seguindo na liña da prevención e concienciación, a concelleira insiste en que en materia de seguridade viaria, todos e todas somos responsables.


Co obxectivo de informar e formar á mocidade e a petición da ANPA deste centro educativo, o xefe da policía local e un axente explicaron ao alumnado as boas condutas na utilización das vías públicas dende a perspectiva dos peóns (normas e obrigas), tamén como debemos circular cando imos en bicicleta, así como a utilización de vehículos de mobilidade persoal (VPM) na vía pública segundo as instrucións do artigo 16/V-124 da Dirección Xeral de Tráfico.


Ademais, a policía local introducíu o tema do consumo de drogas, tanto as legalizadas (tabaco e alcohol) como as non legalizadas. Durante a charla tamén informaron do correcto uso dos sistemas de retención nos vehículos e os diferentes sistemas de seguridade. O alumnado puido intervir e trasladar tanto aos axentes como á concelleira as  súas dúbidas e opinións.


A concellería de Seguridade Viaria que xa impartira estas charlas nalgúns CEIPs da cidade, seguirá con esta campaña informativa facéndoa chegar ao resto dos centros escolares.

Valora agora
(0 votos)