Imprimir esta páxina
22
Agosto

Pedro Covelo e Brais Vila fanse cos primeiros postos no xogo tradicional do Pau de Sebo

Por segundo ano consecutivo a xornada festival no parque de San Roque resultou todo un éxito sendo o xogo popular do pau de sebo o que máis curiosos e siareiros atraeu.

Facendo gala de habilidade e valentía, os e as xogadoras ofreceron espectáculo sendo na modalidade vertical o primeiro posto para Brais Vila Pereira, o segundo posto para Iria Lemos Fernández, o terceiro posto Roberto Lemos González e o cuarto posto para Logan Martínez Pousada. Na de pau horizontal o primeiro posto foi para Pedro Covelo, segundo Ángel Lamas Aguado e o terceiro para Jaime Domínguez Cordero.


Os medios de comunicación non quixeron perderse esta fazana e algún programa televisivo fixo un seguimento desta xornada tan divertida como tradicional na que non faltou unha cea popular e moita música.

 

B46B5512

 

Valora agora
(0 votos)