• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
Actualidade :
Antonio Barros actuará coa Banda de Música de Salvaterra
Trece positivos por alcohol e drogas o sábado no Porriño
Salceda afectará en Pleno os antigos colexios para poder darlle novos usos
O CEIP Xosé Fernández Lopez mostra a súa cara máis solidaria
O Porriño Arte expón os seus traballos no Círculo Recreativo Cultural
Definida a composición da Comisión de seguimento da descontaminación do lindano
Alejandro Lorenzo: "O impago a provedores é a punta do iceberg dun entramado do que non seremos cómplices"
Evacuado en Mos un home que resultou ferido ao sufrir un golpe mentres traballaba
O lume deixa danos nunha casa e noutra lindeira no Porriño
Mos concilia no Nadal
A AECC do Porriño organiza o seu tradicional Rastrillo Solidario
Os comuneiros de Atios denuncian que a restauración da canteira Ferro "agocha irregularidades"
As asociacións empresariais da Granxa e As Gándaras promocionan plans de igualdade
Arranca en Mos a campaña solidaria de Nadal de recollida de alimentos
Máis de 30 actividades no Nadal de Salceda
O CRC acolle este sábado as II Xornadas Solidarias de Desenvolvemento Persoal
Presentación do libro de relatos "Os anxos indecisos", de Manrique Fernández
02
Octubre

Presentación do libro de relatos "Os anxos indecisos", de Manrique Fernández

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Será o sábado, 5 de outrubro, ás 20:00 horas, na Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas

O próximo sábado, día 5 de outubro, o xornalista e escritor Manrique Fernández presentará na Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas o seu novo libro de relatos “Os anxos indecisos”. O acto comezará ás 20:00 horas e o autor estará acompañado polo editor e Director Xeral de Galaxia, Francisco Castro, e pola tamén escritora Anna R. Figueiredo.

 

“Os anxos indecisos” é unha colección de sete relatos cos que o autor pretende explorar a relevancia das decisións que tomamos e como afectan ás nosas vidas e ás de outros, así como a incertidume que pode chegar a provocar a dúbida á hora de facerlles fronte a esas decisións. Os relatos están ambientados en distintos escenarios pero todos eles falan de cuestións de actualidade, como a inmigración, os malos tratos á muller ou á infancia, a precariedade laboral, o papel dos medios de comunicación ou os desafiuzamentos, entre outros.

 

Ao longo de todo o libro, o autor xoga con distintas voces narrativas para relatar cada historia así como con diferentes estilos cos que darlle variedade ao conxunto.

 

Manrique Fernández é xornalista e, ademais de narrativa, ten cultivado a poesía, o teatro, a biografía ou o ensaio. Tamén mantén un blog de recensións literarias e colabora co Concello de Ponteareas en diversas iniciativas culturais, sendo coordinador do ciclo “Venres D_letras”.

Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Condado

  • Atropelan unha persoa nun paso de peóns de Ponteareas
    Atropelan unha persoa nun paso de peóns de Ponteareas
  • A orquestra europea de música folk, Sondeseu, chega á Praza Maior de Ponteareas
    A orquestra europea de música folk, Sondeseu, chega á Praza Maior de Ponteareas
  • Os servizos de emerxencia de Ponteareas atenden as consecuencias do temporal
    Os servizos de emerxencia de Ponteareas atenden as consecuencias do temporal
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Ponteareas