Imprimir esta páxina
02
Octubre

Presentación do libro de relatos "Os anxos indecisos", de Manrique Fernández

Será o sábado, 5 de outrubro, ás 20:00 horas, na Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas

O próximo sábado, día 5 de outubro, o xornalista e escritor Manrique Fernández presentará na Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas o seu novo libro de relatos “Os anxos indecisos”. O acto comezará ás 20:00 horas e o autor estará acompañado polo editor e Director Xeral de Galaxia, Francisco Castro, e pola tamén escritora Anna R. Figueiredo.

 

“Os anxos indecisos” é unha colección de sete relatos cos que o autor pretende explorar a relevancia das decisións que tomamos e como afectan ás nosas vidas e ás de outros, así como a incertidume que pode chegar a provocar a dúbida á hora de facerlles fronte a esas decisións. Os relatos están ambientados en distintos escenarios pero todos eles falan de cuestións de actualidade, como a inmigración, os malos tratos á muller ou á infancia, a precariedade laboral, o papel dos medios de comunicación ou os desafiuzamentos, entre outros.

 

Ao longo de todo o libro, o autor xoga con distintas voces narrativas para relatar cada historia así como con diferentes estilos cos que darlle variedade ao conxunto.

 

Manrique Fernández é xornalista e, ademais de narrativa, ten cultivado a poesía, o teatro, a biografía ou o ensaio. Tamén mantén un blog de recensións literarias e colabora co Concello de Ponteareas en diversas iniciativas culturais, sendo coordinador do ciclo “Venres D_letras”.

Valora agora
(0 votos)