Imprimir esta páxina
07
Octubre

Manuel Outerelo Ucha gaña o III Torneo Internacional Sub-2000 Xadrez Ponteareas

O Club Escola Municipal de Xadrez Ponteareas convida a participar no seguinte torneo do 16 e 17 de novembro


Esta fin de semana celebrouse nas instalacións do I.E.S. do Barral, o III Torneo Internacional Sub-2000 Xadrez Ponteareas “I Gran Premio ACLUDI”, que contou coa participación de 48 xogadores, procedentes de clubs de toda Galicia.


A organización estivo a cargo do Club Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas, contando coa colaboración e patrocino da firma comercial ACLUDI e do Concello de Ponteareas.


Os xogadores disputaron 5 partidas a un ritmo de 60 minutos por xogador + 30 segundos por cada xogada realizada, emparellados polo Sistema Suízo.


O podio de vencedores foi o seguinte:


CATEGORÍA XERAL:

 

  • Campión: Manuel Outerelo Ucha (Club Xadrez Marcote).
  • Sub-Campión: Anxo Pazos García (Club Xadrez Tui).
  • 3º Clasificado: Nicolás Domínguez Pérez (Club Xadrez Lucena Vigo).


CATEGORÍAS ESPECIAIS:

 

  • 1º Clasificado Cat. Sub-1800: Sergio Pérez Estévez (Club Xadrez Mos)
  • 1º Clasificado Cat. Sub-1400: Alexandre Rodríguez Vieito (Club Xadrez Mos)
  • 1º Clasificado Cat. sen ELO: Antón González Piñeiro (Club E.X. P. Valladares Vigo)
  • 1º Clasificado Cat. Veterano: Xosé Manuel Vidal Bouzó (Club Xadrez Marín)
  • 1ª Muller Clasificada: Noa Costas Senlle (Club Xadrez Mos)
  • 1º Clasificado Cat. Sub-16: Belarmino García Camiña (Club Xadrez Alekhine Vigo)
  • 1º Clasificado Cat. Sub-14: Diego Ibáñez Cruces (Club Xadrez Lucena Vigo)
  • 1º Clasificado Cat. Sub-12: Javier del Valle Crespo (Club Xadrez Mos)
  • 1º Clasificado Cat. Sub-10: Mario Bastos González (Club Xadrez Mos)
  • 1º Clasificado Cat. Sub-8: Adrián Argudín Fernández (Club Xadrez Ramiro Sabell Ponteareas)


No acto de clausura do torneo estiveron presentes a Directiva do Club, xunto co Alcalde Xosé Represas, o Concelleiro de Mocidade Miguel Bouzó e o Director do I.E.S. do Barral Álvaro Groba. Entregáronse trofeos aos 3 primeiros clasificados así como ás categorías especiais (idade, ELO, etc).


Os tres primeiros clasificados no torneo recibiron un lote de agasallos da Empresa ACLUDI, patrocinadora do evento. Sorteouse tamén un agasallo entre todos os participantes.


A organización do torneo agradeceu a todos os xogadores a súa presenza e convídaos a participar no próximo torneo que se celebrará os días 16 e 17 de novembro deste ano. Tamén agradecer á Empresa “ ACLUDI” e ao Concello de Ponteareas o seu patrocinio neste evento, así como á Dirección do I.E.S. do Barral pola cesión das súas instalacións.

 

B46B6137

Valora agora
(0 votos)