Imprimir esta páxina
30
Julio

Un incendio arrasa 1,33 hectáreas de monte en Xinzo

Arredor das oito da tarde onte declarouse un incendio na parroquia de Xinzo en Ponteareas. Ata o lugar desprazáronse efectivos de extinción de incendios da Xunta: dous helicópteros, tres axentes forestais, oito brigadas, seis motobombas e unha pala. Trátase do primeiro incendio do verán en Ponteareas.

O operativo deu por extinguido o incendio ás 3:30 h da madrugada.

O lume arrasou 1,33 hectáreas de arbolado.

Modificouse o Jueves, 30 Julio 2020 09:24
Valora agora
(0 votos)