Imprimir esta páxina
19
Octubre

O PSOE de Salceda comeza a rolda anual de charlas

Achegarán o inventario municipal a todas as parroquias

As concelleiras socialistas Gela Ledo e Verónica Tourón veñen de  comunicar que comezan a xa habitual rolda anual de charlas abertas ó público en xeral, co obxectivo de cumprir co seu compromiso electoral de achegar os temas máis importantes de Salceda a toda a cidadanía.

 

Nestas charlas ademais de explicar o estado no que se atopan temas tan importantes como o estado das parroquias, o centro de saúde, os colexios, etc., recollerán as necesidades de cada parroquia. Segundo explican, serán unhas charlas abertas ás asociacións e veciños en xeral, na que o punto fundamental é a participación de todos e todas.

 

Resaltan un tema actual moi importante que presentarán nestas charlas que é o Inventario Municipal, que grazas a unha iniciativa do partido socialista está en exposición pública durante dous meses, en lugar dos 20 días que propoñía o goberno local. Informa Tourón que este prazo comezou coa publicación no BOP o pasado martes 16 de outubro, polo que animan ós veciños e veciñas a achegarse as charlas para coñecelo e comprobar se poden estar dalgún xeito afectados ou afectadas.

 


Verónica Tourón sinala que "cumprimos co compromiso electoral de visitar as parroquias a lo menos unha vez cada ano, achegando a xestión municipal á veciñanza e fomentando a participación veciñas nos temas máis importantes do noso concello”.

 

As representantes do PSOE en Salceda, convidan a asistir a todos os interesados e informan ademais que están a disposición de calquera veciño na sede do Partido ou a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Calendario:

  • CC Budiño, luns 22 de outubro ás 20:30 horas.
  • CC Barreiro, mércores 24 de outubro ás 20:30 horas.
  • CC A Feira, sábado 27 de outubro ás 20:30 horas.
  • CC Picoña, mércores 31 de outubro ás 20:30 horas.
  • CC Entenza, mércores 7 de novembro ás 20:30 horas.
  • CC Soutelo, venres 9 de novembro ás 20:30 horas.
  • CC A Devesa, martes 13 de novembro ás 20:30 horas.
  • CC San Xurxo, mércores 14 de novembro ás 20:30 horas.
  • CS Parderrubias, luns 19 de novembro ás 20:30 horas.

 

 

Modificouse o Viernes, 19 Octubre 2018 12:51
Valora agora
(0 votos)