Imprimir esta páxina
09
Noviembre

A Banda dos Insectos: o CB Caselas a ritmo de rock

O Club de Baloncesto Caselas  vén de mergullarse da man do seu coordinador deportivo, Adrián Salgado, nun innovador proxecto que aúna o basket coa música. Trátase de A Banda dos Insectos, que como o seu impulsor explica "persegue que todolos nenos e nenas amantes do baloncesto, no que a música rock e as letras baseadas neste maravilloso deporte mistúranse buscando que os xogadores familiarícense coa linguaxe do basket mediante a música".

Adrián leva toda a vida compaxinando as súas dúas grandes paixóns, o baloncesto e a música, tal e como relata, grazas aos seus pais que lle deron a posibilidade de xogar dende os 7 anos e tocar a batería dende os 11. "Sempre na miña mente, esta unión deportiva-musical tiña que ocorrer e afortunadamente caín nun clube, o noso C.B.CASELAS, que dende que me nomearon Coordinador Deportivo déronme total confianza para levar a cabo ideas distintas que ofrecer aos nosos xogadores e xogadoras", explica, "O noso clube é diferente e pensamos que os nenos e nenas que conforman a nosa canteira, cada ano máis numerosa, merecen recibir unha formación integral, que non se quede soamente no balocesto. Os valores como o compañerismo, a convivencia e abrir as mentes das rapazas e rapaces do C.B.Caselas o consideramos igual de importante que ensinarlles a botar, pasar ou tiar a canastra".

 

Co crecemento da súa xa clásica Liga dos Insectos do C.B.Caselas que serve como evento final de cada tempada dende fai 5 anos e na que participan todolos xogadores e xogadoras do clube (dende Baby ata Senior), xurdíu a idea de ofrecer un concerto de rock con letras sobre baloncesto, como unha actividade festiva encadrada dentro da liga.

 

A gran resposta do público, en especial dos nenos e nenas, animou a Adrián a , ademais de repetir o concerto o ano seguinte, grabar algunhas desas cancións de composición propia nun estudio e elaborar este videoclip do tema “Pasando a Bola”no que participan os mellores actores e actrices posibles: os insectos do C.B.CASELAS!"

 

 

 

A Banda dos Insectos está formada por:

Baixo: Eduardo Cadenas Balseiro
Guitarra: Jacobo Roselló Boullosa
Batería e Voces: Adrián Salgado Fernández
Composición LETRA e MÚSICA: Adrián Salgado Fernández
Productor Audio: Iván Fornos Domínguez

Modificouse o Viernes, 09 Noviembre 2018 18:26
Valora agora
(2 votos)