Imprimir esta páxina
13
Junio

Rotas as negociacións entre PSOE e MS en Salceda

Santiago Rodríguez Dávila perfílase como próximo alcalde do municipio

Movemento Salceda e PSOE veñen de romper negociacións logo da terceira reunión convocada, ao igual que as anteriores, para perfilar un posible pacto de goberno.

 

Según informan dende MS, a comisión negociadora do PSOE mantivo a posición de votar a Verónica Tourón para o posto de Alcaldesa, avalados pola decisión da Asemblea de Agrupación Socialista de Salceda, que segundo trasladou a comisión, aprobou ata en tres ocasións por unanimidade a postulación de Tourón. Dende MS Salceda explican que o acordo estaría tamén avalado pola executiva provincial socialista.

 

"A decisión inamovible por parte do PSOE imposibilitou incluso o debate do proxecto de goberno e do posible pacto a pesar de ter sobre a mesa documentos para o debate aportados por ambas formacións", apuntan dende Movemento. A comisión de MS amosouse sorprendida pola posición inamovible do PSOE, "que cambiou de postura despois de afirmar onte mesmo nunha entrevista da propia Verónica Tourón que a alcaldía non era máis importante, senón que se iban basear no proxecto de goberno e de futuro".

Valora agora
(1 Vote)