Imprimir esta páxina
Concentración en respulsa polo asasinato de Soufian Mraha Concentración en respulsa polo asasinato de Soufian Mraha
19
Junio

En liberdade o único detido polo crime de Salceda

A Garda Civil apunta a un posible erro na identificación

O Xulgado Mixto número 1 do Porriño acordou de oficio a posta en liberdade de Jürgen W. , o mozo detido  pola súa presunta participación no crime de Salceda. Á vista das ampliacións do atestado presentadas pola Garda Civil no xulgado este luns e hoxe mesmo, un posible erro na identificación, a xuiza entendeu que o momento actual , á vista do cambio das circunstancias non se xustifica o mantemento dunha medida tan gravosa como a prisión provisional.


Polo momento, e ata que se realicen en sede xudicial diversas dilixencias de investigación pendentes, permanece en calidade de investigado na causa e terá que comparecer nos xulgados quincenalmente.

 

Modificouse o Miércoles, 19 Junio 2019 22:07
Valora agora
(1 Vote)